O día 3 de xullo ábrese o prazo de solicitude do Bono Autónomo Galicia 2019 (Programa do bono das persoas autónomas, código de procedemento TR341Q). A finalidade é a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:
- Estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional.
- Teñan domicilio fiscal en Galicia.
- Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
- Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ó da convocatoria.
Esta axuda concédese para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.
O prazo para a presentación de solicitudes, nesta convocatoria do 2019, rematará ao mes da súa publicación.
Nesta convocatoria se conta novamente con dúas liñas de actuación:
Contenido de la página
Liña 1: Mellora da competitividade de autónomos a través dos seguintes servizos:
- Investigacións de mercado.
- Plans de márketing.
- Plans de comunicación do negocio.
- Plan estratéxico do negocio.
- Plan crecemento: constitución sociedade.
- Plan de reorientación do negocio.
- Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
- Plan de refinanciamento.
- Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade.
Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
- Compra de maquinaria.
- Compra de útiles e ferramentas.
- Reforma do local do negocio.
- Equipos informáticos.
- Rótulos.
- Mobiliario.
- Aplicacións informáticas e páxinas web.
- Creación logotipo do negocio.