Posicionamento web SEO
Auditoría, SEO técnico, contidos e autoridade para que o teu proxecto apareza cando te buscan en Google.
Servizos
Podes contratar un servizo concreto ou combinalos nun plan completo. Todo parte do mesmo: unha web sólida, medible e pensada para as persoas que a usan — e para as IA que hoxe recomentan.
Auditoría, SEO técnico, contidos e autoridade para que o teu proxecto apareza cando te buscan en Google.
Optimización para ser citado por ChatGPT, Perplexity e as respostas IA de Google — a nova primeira porta dos teus clientes.
Webs e aplicacións a medida: rápidas, accesibles e medibles. Corporativas, tendas online e proxectos con lóxica.
Auditoría e adecuación á WCAG 2.2 e á Lei 11/2023 co noso toolkit open source, incluída a declaración de accesibilidade.
Respostas, seguimentos e tarefas repetidas que se fan soas — con supervisión humana e resultados medibles.
Que a IA traballe para o teu negocio: chatbots con datos teus, automatizacións e formación do equipo. Sen fume.
Core Web Vitals en verde: medimos, axustamos e deixamos a túa web voando. Referencia: a nosa propia web puntúa 100/100.
Comercio electrónico para pymes: WooCommerce e plataformas a medida, con pagos, envíos e xestión sinxela.
Campañas de Google Ads medidas ao céntimo, orientadas a resultados e con informes que se entenden.
Estes servizos descríbense con máis detalle en castelán — o equipo é bilingüe e o idioma nunca é o problema: ver todos os servizos.
Cóntanos que necesitas e propoñémosche un camiño claro, con prazos e prezo pechado.