Noticias

Bono Autónomo Galicia 2019

O día 3 de xullo ábrese o prazo de solicitude do Bono Autónomo Galicia 2019 (Programa do bono das persoas autónomas, código de procedemento TR341Q). A finalidade é a de apoiar a persoas autónomas consolidadas que:

  • Estean dadas de alta no réxime especial de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional.
  • Teñan domicilio fiscal en Galicia.
  • Teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional de maneira ininterrompida na data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses.
  • Teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima anual de 12.000 euros, IVE incluído, declarados no ano anterior ó da convocatoria.

Esta axuda concédese para mellorar a competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas autónomas beneficiarias, mediante pagamento anticipado, cunha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta da persoa beneficiaria.

O prazo para a presentación de solicitudes, nesta convocatoria do 2019, rematará ao mes da súa publicación.

Nesta convocatoria se conta novamente con dúas liñas de actuación:

Liña 1: Mellora da competitividade de autónomos a través dos seguintes servizos:

  • Investigacións de mercado.
  • Plans de márketing.
  • Plans de comunicación do negocio.
  • Plan estratéxico do negocio.
  • Plan crecemento: constitución sociedade.
  • Plan de reorientación do negocio.
  • Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
  • Plan de refinanciamento.
  • Outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade.

Liña 2: Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:

  • Compra de maquinaria.
  • Compra de útiles e ferramentas.
  • Reforma do local do negocio.
  • Equipos informáticos.
  • Rótulos.
  • Mobiliario.
  • Aplicacións informáticas e páxinas web.
  • Creación logotipo do negocio.

Contacta connosco!

Jesús Quintana

Desarrollo y optimización de negocios online desde 2003. Soy Grado en Multimedia (perfil Ingeniería web), Máster en Accesibilidad Web, Master en Marketing Digital y E-Commerce, y Master en Design Thinking. Trabajé en importantes agencias como SEO Manager y Front-end developer, siempre ofreciendo valor añadido. Actualmente me dedico a desarrollar y optimizar negocios digitales: Ayudo a las empresas a ser más productivas, creando, diseñando e implementando automatismos y experiencias de usuario excepcionales, útiles y diferenciales, con el objetivo de solidificar y mejorar la calidad de los negocios online de forma integral.

Entradas recientes

Cómo mejorar el INP (Interaction to Next Paint), el nuevo Core Web Vital, y diferencias con FID

A partir de marzo de 2024, Interaction to Next Paint sustituirá formalmente a First Input…

9 enero 2024

Recorridos del usuario frente a flujos del usuario

Resumen: Tanto los recorridos de los usuarios como los flujos de usuarios describen los procesos…

4 enero 2024

Ciberseguridad: Cómo mantener a salvo su web WordPress

La ciberseguridad es una preocupación cada vez más presente. La seguridad de su sitio web…

25 diciembre 2023

Guía de buenas prácticas y optimización PWA

Las aplicaciones web progresivas (PWA) pueden instalarse en dispositivos y utilizarse como sitios web tradicionales…

19 diciembre 2023

2024: El año de las PWA – Aplicaciones web progresivas

Seguimos viendo que las nuevas empresas de software B2B luchan con las aplicaciones móviles nativas.…

18 diciembre 2023

12 estudios confirman la creatividad de la IA

Resumen: El futuro pertenece a los simbiontes. 12 estudios de investigación confirman que la creatividad…

17 diciembre 2023